Ver todos los artículos
18 May 2022 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio , Noticias

MAIOS 2022

Ao chegar a primaveira, chega a época da exaltación da natureza. Os maios é o nome da festa popular galega que soe celebrarse no mes de maio. Durante as festividades realízanse representacións, bailes e cantos arredor dos maios, que son unhas estructuras tradicionalmente inspiradas en figuras de árbores pero que adoptan na actualidade formas máis variadas, con adornos de flores, follas e frutos.

As persoas residentes quixeron deseñar unha de estas tradicionais estructuras e no seu proceso fomentaron a cohesión grupal, xa que o traballo foi en grupo! Estimularon a súa creatividade co deseño decidido e traballaron a coordinación óculo-manual na elaboración.

O máis importante, divertíronse moito realizando a actividade ao aire libre xa que o tempo acompañaba a semana pasada.

Esperamos que vos guste! Por aquí vos deixamos algunhas fotografías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos