O 17 de maio foi o día das letras galegas, co cal adicáronse actividades centradas nel, xa que é un día moi especial en relación con ese momento tan especial para a nosa terra e a nosa lingua.
Coñecemos a vida e obra do homenaxeado escritor orensano Florencio Delgado Gurrián.
Ademais repasamos algunhas das bonitas palabras e expresións que nos aporta a nosa lingua, tan escuitadas dende que moitas das nosas persoas residentes eran pequenas, como poden ser: aperta, agarimo, baracollas, arroiar, enxebre, ledicia, orballo, luscofusco, sarabia, morriña…
E para rematar fixemos unha exposición de materiais de agricultura, ganadería e pesca que nos ofrece o Museo Do Pobo Galego, moitos de estes instrumentos de traballo foron máis que recoñecidos polas nosas persoas residentes por ser empregados polos seus antepasados en tareas laborais.
Foi unha sesión moi entretida e interesante que evocou recordos da infancia e a xuventude, o que dende a psicoloxía se chama reminiscencia, tan beneficioso e agradable para as nosas persoas residentes.
Unha aperta moi grande! Por aquí vos deixamos algunhas fotografías.