Ola a todxs!
Onte, mércores 8 de xuño, tivemos unha visita moi especial e esperada por todas as nosas persoas residentes. Viñeron toda a tarde pola residencia catro fermosos e cariñosos cans a estar con nós, e con eles, catro persoas maravillosas que fan unha labor increíble con todos eses cans que os necesitan.
Esta visita ten un nome detrás, Protectora do Morrazo.
Repetiremos seguro a experiencia, e realizaremos cousas diferentes con eles, xa que sempre é un placer tanto o benestar das nosas persoas residentas como a difusión da protectora para que poidan obter a maior axuda posible.
Que beneficios ten o trato cos cans?
- Mellora o estado de ánimo.
- Axuda a mellorar a atención.
- Prevén a depresión e a monotonía.
- Evita o sentimento de soidade.
- Disminue a ansiedade e o estrés.
- Fomentan o contacto social e físico.
- Serve como motivación.
- Creación dun vínculo positivo.
- Fortalecemento dos músculos mediante a interacción.
- Mellora da coordinación e a motricidade fina.
Por aquí vos deixamos fotos da tarde de onte.
Un saudo, Fran.
Departamento de Animación Sociocultural.