Ver todos los artículos
1 Jul 2022 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio , Noticias

FESTA!

Onte foi un dia moi especial na residencia, deses que non se olvidan facilmente. Tivemos a tan esperada festa de San Xoán, que non puidemos celebrar a semana pasada polo mal tempo, cunha actuación magnífica na que bailamos e cantamos ata non poder máis, e a maiores fixemos unha pequena fogueira e unha queimada para rematar a tarde.

Xa botábamos de menos as festas e as actividades con bo tempo, e neste verán estaremos dándoo todo!

De merenda tomáronse as tartas de aniversario, así que tamén tivemos unha merenda diferente.

Grazas a todas as familias que estivéstedes pola tarde en horarios de visitas, e esperamos que fose do voso agrado, repetiremos seguro!

Por aquí vos deixo algunhas fotografías da tarde.

Un saudo,

Fran.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos