Boas! Para a semana, o martes 26 de xullo, celebraremos no centro unha xornada pola tarde con xogos populares nos que poderán participar todas aquelas persoas que queiran. As persoas familiares poderán acompañar á persoa residente, sempre e cando se pida cita previa e se manteña a mascarilla en toda a visita.
Poderase participar naquelas probas que se queira e estarán supervisadas polo persoal do centro, que anotará as puntuacións, e ao final determinaranse as persoas gañadoras de cada proba, obtendo así un premio a cada residente que gañe a proba e toda aquela persoa que participe recibirá un diploma.
Por que facemos este día as xerontolimpiadas en familia? Porque este mesmo día é o día do avó e da avoa, no que a ONU determinou este día como aquel para concienciar contra a discriminación das persoas maiores, chamando a atención sobre os estereotipos negativos e as ideas falsas do envellecemento.
Dende a residencia DomusVi Cangas, esperamos que vos animedes a vir a participar neste día un tanto diferente para as nosas persoas residentes!
#AbuelolimpiadasDomusVi
Un saudo,
Fran.