Ver todos los artículos
27 Jul 2022 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio , Noticias

TARDE DE OLIMPIADAS EN FAMILIA

Onte tivemos pola tarde un evento moi especial, no que moitas persoas residentes e algunhas familias participaron nas olimpiadas organizadas polo centro. Sempre se pasa un bo rato en boa compañía e máis se a interacción entre persoas é tan boa como foi onte. En primeiro lugar agradecer a todas as persoas que asistiron ás olimpiadas, e en segundo lugar, esperemos que vos sigades animando cando se fagan actividades de este tipo.

Ao finalizar os xogos organizouse unha pequena merenda para todas as persoas con creppes, patatillas, palomitas, refrescos… Para recuperar a enerxía perdida durante a tarde!

Agora realizaranse o reconto de puntuacións en cada unha das probas de onte para determinas as persoas que gañan estas olimpiadas en familia! Daráselle un premio ás persoas gañadoras.

Por outro lado, anunciar xa que no mes de agosto realizaremos unha semana adicada a outras pequenas olimpiadas entre persoas residentes que terán máis carácter cognitivo e lúdico.

Esperamos que todo estivera ao voso gusto, pola nosa parte dicir que as persoas residentes quedaron moi contentas coa xornada de onte.

Un saudo, e por aquí vos deixo algunhas fotos da tarde de onte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos