Hoxe, 23 de setembro retómase en todo o Mundo as accións globais polo clima; fridays for future volve ás rúas contra a emerxencia climática convocando unha folga mundial.
#FridaysForFuture é un movemento dirixido e ornanizado por xoves que comezou en agosto do 2018, despois de que Greta Thunberg de 15 anos, e outros xoves activistas se sentaran frente ao Parlamento Sueco todos os días durante 3 semanas para protestar contra a falta de acción fronte a crisis climática
Os maiores de DomusVi Ferrol estamos dende o inicio moi ligados a esta causa, e dende a experiencia temos moito que dicir, polo que hoxe, no que se organiza unha acción polo clima volvimos á rúa a proclamarnos activistas polo coidado do medio ambiente e a berrar pola necesidade da búsqueda de solucións inmediatas.
Cos nosos carteis saímos á rúa e fixemos a lectura do seguinte manifesto:
O MEDIO debería ser un dos nosos bens más preciados pero desgraciadamente a maioría de nós non nos paramos a pensar en todo o que estamos perxudicando coas nosas acción diarias ao planeta en xeral.
É dende os fogares, dende as pequenas accións de tódolos días onde cada un de nós pode facer o esforzo de reducir o consumo de materiais, enerxía, resíduos,…que fai que o mundo esté cada vez mais contaminado
Cando NÓS eramos pequenas o gasto de auga, de plástico, de enerxía era moito inferior ao de agora; consumíamos a granel, non había tantos coches, a roupa non era de usar e tirar…
Somos NÓS, AS PERSOAS MAIORES, as que temos que ensinar ás novas xeracións a REPENSAR O CONSUMO, facerlles ver que non é necessário o consumo abusivo de bens, de materias primas, de recursos materiais,e axudarlles a desenvolver un cambio de perspectiva que nos axude a DECRECER sen medos, a conseguir un DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE e con cabeza, que sexa coherente e compatible co benestar das persoas e do ambiente
Porque non temos un planeta B. Porque se non actuamos XA non hai volta atrás.