Despois de moito tempo traballando para este día, o pasado xoves día 15 abrimos as portas do noso centro para a celebración do Mercadillo Solidario. Nos comprace anunciarvos que a recaudación ascendeu a un total de 935 euros, que xa foron integramente donados á campaña de xoguetes de Cruz Vermella. O pasado luns incluso fumos axudar coa compra de xoguetes cos cartos recaudados.
Dende aquí queremos dar as grazas aos nosos residentes, e a tódalas entidades colaboradoras por facer algo tan importante para as familias con menos recursos.
Moitas grazas ás seguintes entidades:
C.E.P. Lois Tobío
E.E.I. San Roque
C.E.I.P. Santa Rita de Galdo
C.E.I.P. de Covas
C.E.I.P. de Celeiro
Colexio Landro
I.E.S. Vilar Ponte
Residencia de Maiores de Burela
Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña
ASPANANE
Centro de Día de Alzheimer Celeiro-Viveiro
Concello de Viveiro