De parte de todo equipo de DomusVi Viveiro desexámosvos un maravilloso ano 2023.
No centro seguimos celebrando un nadal cheo de eventos e festas. O pasado día 30 tivemos o pracer de contar coa actuación do grupo Espera que Vou Mexar, na que bailamos e cantamos ata cansar.
O día de fin de ano celebramos unha festa de gala con música, baile… e aíndo houbo máis de un que se atreveu a subir ao escenario a cantar algunha peza no karaoke! Fixemos algunha foto para o recordo e despois de merendar tomamos as uvas e fixemos un brindis polo vivido neste ano que deixamos e porque o 2023 veña cargado de saúde e de bos momentos.
A continuación deixamos o menú que puideron degustar os nosos residentes tanto en fin de ano coma en ano novo.
Cea de fin de ano:
Ovos recheos de gambas con salsa rosa
Merluza do pincho á sidra con patacas e espárragos trigueiros
Mouse de turrón e surtido de nadal, composto de turrón, mazapán e polvorón
Uvas da sorte e sidra e mosto
Comida de ano novo:
Sopa de cocido
Cocido
Flan de café e surtido de nadal, composto de turrón, mazapán e polvorón
Sidra e mosto
Ah! E o primeiro almorzo do ano foi, como ten que ser, cun chocolate con churros ben quentiño!
Nós seguimos estos días con celebracións mentres esperamos a chegada dos Reis Magos, a ver que ta se portan este ano! Feliz ano!