Todas as cousas boas teñen o seu final, e as festas da pena despedilas. Pero a pena é moito menor cando a despedida está á altura. Este venres foi o último día do noso 12º aniversario e tivemos a sorte de contar coa Coral de Cariño para acompañarnos. Os nosos residentes disfrutaron dun xantar riquísimo que lles encantou. Logo cantaron coa Coral de Cariño nunha actuación que lles fixo moita ilusión, especialmente á xente que tiña coñecidos por esa zona.
Agora toca pensar no Entroido, porque aquí a festa non para! De que tocarán este ano os disfraces… Pronto o saberedes!