Onte foi o Día Internacional da Muller Traballadora e nós sumámonos ás homenaxes a este gran colectivo e á reivindicación dos dereitos da muller.
A nivel interno, realizamos o visionado dun dos clásicos por excelencia do cine feminista, Thelma e Louise. Algún dxs nosxs residentes xa a vira pero a voltaron ver encantadxs. A todxs gustoulles moitísimo a pesar do dramático final.
Por outra banda, rodamos un vídeo para que vexades todxs, no que recopilamos e recitamos algunhas das frases máis famosas na loita do feminismo realizadas por personalidades como Simone de Beouvoir, Frida Kahlo, Coral Herrera…
Por aquí vos deixamos o link ao vídeo e unha foto da sesión de cine: