Onte, foi o día mundial do Alzheimer. É un tipo de demencia que causa problemas na memoria, pensamento e comportamento, e que moitos coñecemos de primeira man. Dentro das actividades deste mes, estamos a traballar con fotografías antigas que vos, familiares e achegados, nos fixestes chegar.
Ademáis, onte, inauguramos a exposición de fotografía de «Oficios na memoria», que poderedes visitar estos días no centro. Atoparédesvos con fotografías de traballos que hoxe en día son moi pouco comúns e que nun futuro pode que desaparezan… Tamén haberá algunha foto que mostre un pequeno recordo do que foi a pandemia e como a vivimos… Cando vos acheguedes a vela, xa nos comentaredes que vos pareceu!
Nas seguintes imaxes podedes ver a un pequeno grupo que desfrutou da explicación de todas e cada unha das imaxes por parte da autora destas.