Para celebrar o día dos cociñeiros e cociñeiras, hoxe pola mañán puxémonos mans á masa para desfrutar dunha rica merenda. Coas noces recolectadas, preparamos un biscoito delicioso que xustamente agora acabamos de probar á merenda. Saíunos xenial! Gustaríanos deixarvos a proba pero non quedou nin un chisco, para a próxima faremos máis!
Por certo, a receita cedéronnola as nosas queridas cociñeiras do centro, moitísimas grazas por esto e por facernos un manxar cada día!