Ver todos los artículos
27 Oct 2023 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

CLUBE DE LECTURA

Onte tivemos a visita do alumnado e profesorado do I.E.S. Mª Sarmiento de Viveiro. Con eles compartimos lectura, vivencias e música! Desta vez, escollimos o libro de «Instrucións para tomar café» co cal pasamos un anaco do máis divertido.

Tras compartir diferentes ideas e pensamentos, algunhas das alumnas mostráronnos a súa faceta artística tocando diferentes instrumentos como o clarinete e pandeireta aos cales nós acompañamos coas nosas mellores voces. Comimos doces típicos destas épocas e incluso nos fixeron unhas entrevistas para o programa de radio que están a montar no instituto.

Moitas grazas por acudir ao centro, agardamos vernos prontiño!

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos