Este mes de novembro traémosvos, a falta dunha, dúas recomendacións literarias!
Ambos os títulos que vos citamos teñen relación coa celebración o día 25 deste mes do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta loita, a cal debemos ter en conta todos e cada un dos días do ano e en calquera ámbito da nosa vida, continúa a ser importante e inesquecible. Con estos dous libros, poderemos coñecer máis a fondo dita violencia para tratar de, entre todos e todas, erradicala.