Foi un 1 de Febreiro de 2011 cando Domus Vi,Viveiro, (Geriatros naquel entón) abría as súas portas.
Anos complexos, especialmente os primeiros nos que había que poñer a andar este proxecto. Non se queda atrais este último ano, o ano da pandemia, pero deste xa falamos moito.
Son moitas as persoas que forman parte de nós, residentes e traballadoras que xa non están, pero outras moitas permanecen para seguir medrando xunt@s.
Quizais non podemos ter a celebración que esperabamos para cando se cumpliran dez anos, sen embargo, temos a emoción e as testemuñas desas persoas que están dende o primeiro día.
Hoxe, máis segur@s, máis madur@s, más estables….seguimos ao pé do cañón.
Queremos agradecer, tamén, a todas as persoas, instititucións, centros educativos, grupos musicais, teatrais, etc; que ao longo destes anos nos amenizastedes os nosos momentos importantes, aniversario, entroido, festas, nadal,etc, grazas por estar, pola vosa entrega desinteresada, grazas por sacarnos o sorriso.
Grazas, tamén, polas vosas felicitacións.
A continuación, podedes ver dous videos:
Entrevista a traballadora/es que cumpren 10 anos no centro:
Entrevista a residentes que levan dez anos no centro e felicitación:
GRAZAS POR ESTAR!!!!