Non queríamos deixar de amosaros unhas imaxes da actividade musical realizada fai uns días no centro, porque para as nosas persoas residentes resultou moi divertido e estimulante, xa que tiveron que identificar melodías de cancións coñecidas para despois desfrutar cantando a canción identificada acompañada da súa letra e vídeo.
A música é un recurso psicoterapéutico moi efectivo para todas as persoas en xeral, está presente en todas as culturas e todas as persoas temos as capacidades básicas para o seu procesamento, o cal está organizado en módulos diferenciados que implican diferentes rexións cerebrais, e estas son as últimas en deteriorarse en enfermidades como o Alzheimer.
Implicar ás persoas residentes en actividades musicais supón varios beneficios psicolóxicos tales coma os seguintes:
- Axuda a reducir e controlar o estrés e a depresión.
- Ten un impacto no estado de ánimo, polo que ofrece beneficios para estar máis contenta.
- Axuda a ter un mellor rendemento cognitivo.
- Ao escoitar a música aumentará a motivación para facer máis e mellor.
Un saudo dende os departamentos de Animación e Psicoloxía.