Hoxe acudimos á Casa da Muller de Ferrol para a presentación dunha guía de autocoidado.
Esta publicación, a modo de caderno, pretende ser unha pequena guía que axude nos procesos de autocoidado e benestar que cada unha de nós constrúe na súa vida, no seu día a día. Nela recompílanse algunhas ferramentas e prácticas que se poden poñer en práctica en calquera momento e en calquera lugar no que nos atopemos.
Se vos interesa botarlle un ollo temos a guía na biblioteca do noso centro e na Casa da Muller, Rúa Lugo 56, Ferrol.