Hoxe , domingo 15 de Setembro, Decathlon organiza un evento medioambiental onde convoca a voluntariado para limpar a Praia de Caranza; xa sabedes que nós estamos moi implicadas/os co coidado do Medio e dentro do noso proxecto de Educación Ambiental organizamos varias limpezas de lugares do noso entorno, entre eles, esta Praia de Caranza.
Como non pode ser doutra forma, hoxe unímonos a Decathlon para seguir concienciando á poboación e deixar un mundo máis limpo aos que nos veñen detrás.
A actividade estivo dividida en dous eixes principais, por unha parte a limpeza da praia e por outra unha formación sobre cetáceos e sobre a actuación ante a varada dun deles.
https://medioambiente.decathlon.es/sostenibilidad/acciones-ambientales/