Despois de asistir aos seis colexios do Concello de Viveiro, hoxe rematamos a nosa actividade do Apalpador. Un luxo ser partícipes da ilusion dos nenos e disfrutar desa conexión que teñen os maiores cos máis pequenos. Moitas grazas aos colexios de Celeiro, Covas, Santa Rita de Galdo, Landro, Lois Tobío e San Roque por acollernos nos seus centros. O Apalpador agora ten moito traballo, así que vémonos para o ano! 😉
1 comentario en “Hoxe rematamos a xira co Apalpador!”
Sandra
(21 de diciembre de 2022 - 16:21)Que lindos los abuelos ojalá tengan una navidad alegre y tranquila