Ver todos los artículos
26 Jul 2023 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

Feliz día de Santiago e feliz día de Galicia!

Todos e cada un dos días estamos contentos por vivir en Galicia pero, como excusa, aproveitamos que o día 25 de Xullo é o día de Galicia para celebralo por todo o alto.  Fixemos unha comida especial e xuntámonos todos os compañeiros e compañeiras para comer. Pola tarde tivemos música e baile. Ademáis, algunhas das traballadoras, trouxeron as súas mellores galas para interpretar varias cancións! Incluso algunha compañeira colleu o micrófono para deleitarnos con algunhas das cancións máis coñecidas por todos e todas.

Antes de merendar, xogamos unha partida ao bingo e unha vez rematamos voltamos a bailar e cantar !

Ver todos los artículos