Ver todos los artículos
4 Mar 2020 | Jornadas de divulgación

Semana das mulleres en DomusVi Ferrol

Entramos na semana do 8M, un día moi significativo para nós, que nos encanta, por que é día de reivindicacións, de saír á rúa e de berrar todas xuntas pola igualdade.

Dende DomusVi Ferrol gústanos traballar dende a perspectiva de xénero, realizando todas as nosas actividades tendo en conta a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, intentando liberarnos dos estereotipos de xénero e dos roles socialmente asignados a cada sexo.

Deixámosvos as actividades ás que imos acudir, e que realizaremos dende o noso centro en prol da igualdade:

venres6_11:30_Pérgola da Lembranza no Monumento a Concepción Arenal(Avenida de Esteiro)

Sábado 7_12h_»As violetas» acción de rúa na Praza do Himno galego

Mércores 11_12:30h_sesión de igualdade dos maiores de DomusVi Ferrol ao alumnado do IES Sofía Casanova

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos