RUTINAS

Pasaron xa sete meses dende que unha pandemia mundial veu para trastornar todas as nosas rutinas; parece que a nova normalidade veu para quedarse. @s nos@s residentes, unha vez máis, amosannos que teñen unha gran capacidade de adaptación. Crearonse novas unidades, grupos reducidos, moit@s residentes que compartían tempo agora solo se poden ver a través […]

DECORACION DO OUTONO.

En Domus Vi, Viveiro entramos de cheo xa no Outono, no obradoiro de manualidades realizamos toda esta decoración que pende das cristaleiras do noso centro, folliñas, cogumelos, choiva, paraugas, castañas, etc, adornan cada estancia. Agardamos que vos guste tanto como a nós.

DIA DO MAIOR

O 1 de Outubro conmemorase o día internacional do maior, e por iso, en Domus Vi Viveiro quixemos programar un día diferente e festivo para celebrar que ser maior é un privilexio. Xogos populares, taller de estética, bingo, sesión vermú, baile e xantar especial. Pegamos o brinde que os nosos residentes leeron antes de levantar […]

CONTACONTOS.

«Érase unha vez unha rapaza que aprendeu a tecer un vestido dende pequena. Nese traxe comezaron a mesturarse todas as cores do mundo da súa memoria … «   Seguindo a semana de actividades relacionadas co día mundial do Alzheimer, en Domus Vi, Viveiro, quixemos leer este fermoso conto, «Hilos de colores» de Elena Ferrádiz. […]

TECENDO RECORDOS.

*RECORDO* Imaxe ou conxunto de imaxes, de feitos ou situacións pasadas que quedan na mente. Seguindo a programación de actividades na semana do Alzheimer, hoxe, amosámosvos unha actividade moi fermosa. En Domus Vi, Viveiro, pedímoslle aos nosos residentes que nos contaran algún recordo bonito. Para moit@s, volver a tempos pasados sería un desexo a pedir […]

Resultados de la encuesta de Satisfacción del Centro DomusVi Viveiro.

“Os nosos residentes e familiares outrogaronlle ao centro DomusVi Viveiro pola xestión do COVID19 a seguinte nota: 9,5 As enquisas, que se realizaron durante os meses de maio e xuño do 2020 aos residentes e familiares dos mesmos, foron realizadas polo instituto independente SAD MARKETING. ¡Grazas! A túa opinión axúdanos a mellorar”

ANÉCDOTAS SALGADAS.

ANÉCDOTA:  un relato breve dun acontecemento extriño, curioso ou divertido que lle acontece á persoa que a narra. O 21 de Setembro celebrase o día Mundial do Alzheimer, por iso, en Domus Vi Viveiro, queremos axudarlle á nosa memoria e recompilar momentos célebres, divertidos e mesmo disparatados que se puideron vivir nestes 9 anos que levamos de percorrido. […]

RESPETO E DIGNIDADE

Esta mañá concentrámonos á porta do centro gardando un minuto de silencio, do mesmo xeito que a inmensa maioría do persoal de residencias de toda España. Somos traballadoras e traballadores que coidamos persoas maiores e/ou con dependencia, persoas vulnerables que, día tras día, fóronse convertendo na nosa segunda familia. Velamos por eles, polo seu benestar […]

ÁNIMO DOMUS VI, LUGO.

@s nos@s compañeir@s de Domus Vi Lugo (Outeiro de Rei) están a pasar unhas semanas moi complexas. Parece que COVID-19 non quere deixalos e seguen día a día loitando contra él. Imaxinamos que cada día están máis cans@s e as forzas irán mermando. Non é sinxelo enfrontarse a algo tan destructivo e descoñecido que non […]