Este 23 de abril celebrouse o día do libro;en DomusVi Ferrol levamos tempo desenvolvendo un proxecto de animación á lectura con centros educativos do noso entorno, mediante o cal potenciamos diferentes valores de coeducación, igualdade, ecoloxía,etc utilizando o conto como recurso.
Esta semana acudimos ao CEE Terra de Ferrol, onde nos recibiron con alegría e con moitas ganas de colaborar con nós noutras actividades.
O conto escollido foi «A que sabe a Lúa?»de Michael Grejniec e leuno a nosa amiga Chicha Sánchez, que como boa profesora de literatura é unha oradora excelente.
O alumnado de Terra de Ferrol agasallounos counha prantiñas do FP de xardinaría, e cun cadro feito polas nenas e nenos de primaria.
Moitas gracias por todo