O venres 5 de xullo un alegre espírito andaluz percorreu a nosa residencia.
Tivemos unha actuación moi especial da man do grupo de baile Tacones y Lunares. Ofrecéronnos uns bailes marabillosos acompañado duns cambios de vestiario que déron unha posta en escena incríble e deixaron coa boca aberta a máis dalgún.
Contaxiaron a moitas e moitos dos residentes que non puideron aguantálas ganas de unirse á festa. Déronse reaccións moi emotivas…
Sentímonos enormemente agradecidas e agradecidos de poder contar co seu gran espectáculo.
De corazón, grazas!