Como xa é sabido, temos unha horta nas nosas instalacións, inaccesible para moitas e moitos dos residentes. Por iso fixemos, ainda que fora de tempada, unha actividade de xardinería na que sementamos pementos, leitugas e tomates, para dar accesibilidade as personas con diversidade funcional. Os maceteiros son máis manexables e pódense mover para alcanzala altura desexada en cada persoa residente.
O coidado das plantas é unha boa terapia ocupacional para as nosas e nosos maiores, por iso esperamos poder ampliar a nosa horta vertical o ano que ven e sementar a tempo as hortalizas e verduras. Aínda que semetamos fora de tempada parece que algún pemento está por saír.