Hoxe fomos ó pabillón municipal de Bueu onde faise o II Campus ADFS de Bueu. Convidáronnos a asistir para ter unha mañá de encontro interxeracional onde levamos xogos que empregamos no centro para xogar coas nenas e nenos. O encontro foi un éxito. Flora, Mateo, Clara, Carmen, José, Jose Carlos e Honorio pasaron a mañá divertíndose e xogando cás nenas e nenos do campus de diversas idades.
Pechamos a visita cunhas cancións tradicionais que as nenas e nenos sabíanse ó dedillo. A Rianxeira non entende de xeracións.