O 25 de xullo é o día da Comunidade Autónoma de Galicia. Con tal motivo, fixemos de xeito educativo algunhas actividades o longo do mes relacionadas co día.
Na Coral, cantamos o himno galego. Moitos das nosas e nosos residentes o descoñecíano e foilles moi satisfactorio cantalo, con moita paisón e corazón. Nas actividades de pintura, tiñan que colorear debuxos do noso máis que recoñecido e referente Castelao. Nas actividades de linguaxe, recitamos poemas de Rosalía de Castro e fixemos visionados da historia do pobo galego e da súa literatura. Nas actividades de manualidades, fixemos un mural coa historia da nosa bandeira e escudo galego, que deixamos colgado na sala de xogos.
Foi un mes emotivo. Algúnha persoa residente saltáronlle as bágoas o poder coñecer a historia que lles foi restrinxida nalgún momento da súa vida.