Ver todos los artículos
13 Ago 2019 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

Feira Argálica – Mostra de Artesanía de Cangas

O 1 e 6 de agosto fixemos saídas á Feira Argálica de Cangas a Mostra de Artesanía que celébrase anualmente na zona do paseo marítimo, unha das máis importantes do sur de Galicia.

As e os maiores aproveitaron para preguntar polos materiais empregados na confección dos artigos artesanais. Florinda, unha das nosas residentes, mercou uns pendentes feitos en vidro; preciosos!  Levounos postos, non puido esperar. Entre os postos atopamos antigas traballadoras do centro, sendo unha grata sorpresa para as e os maiores.

Aproveitamos a caminata para visitalo Concello de Cangas na procura de información sobre eventos e festas na comarca.

Votamos a mañá!

Ver todos los artículos