No centro levamos a cabo difentes xeitos de activación funcional. Dende o departamento de animación empregamos xogos ou dinámicas de grupo, entre outros.
Unha actividade que soemos levar a cabo son os xogos con pelotas de praia. Son lixeiras, fáciles de manipular e agarrar. É un recurso moi simple que dalles moitos momentos de diversión. Nótase como sube a motivación e participación, sendo un recurso ben preciado na residencia. Subiremos máis fotos dos xeitos en que traballamos coas pelotas. Deixamos un pequeno adianto…
Saúdos!