Na nosa residencia contamos cunha pista de petanca grazas o noso home de mantemento, Fon. Construíuna para a celebración do 9º Aniversario da residencia, todo un agasallo pola súa parte.
Este xoves, saímos facer un torneo. Os participantes, Jose Carlos, Mateo, Manuel, Severino e Jose. Tiveron moita espectación, xa que nos acompañaron Luisa, Iberia, Carmen, Pilar e aquelas persoas curiosas que se achegaban ata alí.
As partidas estiveron reñidas, os participantes deron o mellor deles; en cada xogada melloraban a ténica. A cousa púsoxe tan seria que tivemos que solicitar o «BAS». Como tíñamos dúbida de cal era o que tirara máis próximo precisamos dun bastón para medir as distancias. Teremos que pedirlle un metro a Fon na próxima…
O gañador indiscutible foi Severino!! Parabéns!!!