A semana pasada, aproveitando o bo tempo, fixemos actividades no exterior con tódalas persoas residentes. Fixemos xogos de imitación, con globos, pelotas e como non, cantamos e bailamos!
Cando xa íamos clausurar unha entretida tarde o amigo dun residente pediu permiso para tocar… (por favor! iso nin se pregunta!) Armouse coa súa gaita e sorprendeu a tódolos presentes. Deixamos un anaco da súa espontánea intervención. Por se fora pouco, outro amigo animouse a recitar un poema de seu. Pechando da mellor forma unha tarde fermosa.