O próximo xoves 19, se o tempo acompaña, iremos de excursión a Ares, a pasar un día estupendo xunto a DomusVi Viveiro e o Centro Sociocomunitario de Narón. Coma sempre comeremos no Parque de Rosalía de Castro, disfrutando do aire libre e da brisa do mar, pola tarde faremos a nosa xa habitual andaina dentro do programa «Kms para recordar» dende o cal, a Fundación DomusVi doa por cada Km percorrido á investigación contra o Alzheimer; despois o noso amigo Manuel Cociña, tocará un pouco o seu acordeón para botar unhas pezas!
Quen queira unirse, alí o agardamos!