En DomusVi Cangas queríamos achegar o arte e cultura o noso centro e grazas á colaboración de ADICAM o venres 14 de febreiro inauguramos a exposición de arte «Co arte en ADICAM». Unha colección de obras gañadoras nos certámes de arte que organiza a entidade dende o ano 2012 que teremos expostas ata o día 25 de febreiro.
Ademáis, tivemos a compañía das Pandereteiras da Asociación de Mulleres da Ponte de Aldán, que lle déron ritmo ó evento, sumando na idea de achegar cultura á residencia.
Para clausuralo evento e facendo mención ó día, o día dos namorados, a nosa querida Rosiña recitou uns poemas de seu. Unha auténtica marabilla…