Carmen Adega, naceu en Canido, e é a nai da nosa querida Carmen Rivera, unha das nosas residentes. Naceu en 1914 e declarábase feminista. Carmen, a súa filla, comenta que sempre foi moi botada para adiante e con moita inquietude polo coñecemento xeral; gustáballe moito ler e deboraba calquera libro que lle pasara polas mans.
Nunha pequena libreta á que chamou «vaguedades»anotaba todo o que se lle pasaba pola cabeza. Sobre as súas páxinas en branco anotaba todo o que non se atrevía a dicir. Pensamentos que viron a luz nun libriño titulado » Poesía». Nel recóllese o seu amor por Ferrol, e por Canido, e a súa tristeza polos orfos, cos que se sentía moi identificada.
Sempre reivindicou que as amas de casa deberían percibir un soldo, e que a súa labor ten o mesmo valor que calquera traballo fora do fogar.
Hoxe, gracias á súa filla Carmen, recordámola, e rendímoslle o noso pequeno homenaxe!