Ver todos los artículos
27 Mar 2020 | Noticias

Equipo en loita contra a pandemia!

Estamos moi que moi orgullosas de formar parte do Equipazo de DomusVi Ferrol, porque en tempos de batallar cantamos todas ao unísono e traballamos con forza e con todas as precaucións para que ese bicho non nos colla desprovistas. Evidentemente, como todas/os sabedes, o material como mascarillas, batas, calzas,etc está esgotadísimo e é imposible de conseguir. Pero como nos imos rendir? movemos ceo e terra para conseguir deseñar e crear material indispensable para esta crisis; Esther Pena, a nosa compañeira creou coa colaboración do seu home, e dunha impresora 3D, unhas pantallas protectoras, ao igual que Laura Sixto, que tamén conseguiu varias. Montse e Sonia Domínguez en colaboración coa súa nai Carmen, estiveron cosendo centos de mascarillas con teas de algodón que tiñan na casa; outras moitas compañeiras buscaron contactos de diferentes persoas que están creando mascarillas para pedirlles que nos axuden,etc

E niso estamos, pedindo colaboración de toda persoa que sepa coller unha agulla e teña algún retal de algodón na casa; amigas/os, familias, traballadoras de DomusVi, é tempo de coser, de facer mascarillas e de loitar contra esto.

Esto superámolo entre todas/os!

Deixámosvos un tutoial da mapachescuela.es onde podedes aprender a facer paso a paso unaha mascarilla.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=6&v=XXQy8FRJzCY&feature=emb_logo

 

2 comentarios en “Equipo en loita contra a pandemia!

    María Iglesias Pérez

    (28 de marzo de 2020 - 10:21)

    Siento una enorme GRATITUD hacia TODO el personal por la GENEROSIDAD que en estos momento estáis demostrando.
    No lo olvidaremos nunca.
    GRACIAS de todo corazón…….Gracias.

    Susana simo bazo

    (29 de marzo de 2020 - 13:19)

    Ánimo a todos y todas. Lo estáis haciendo muy bien !!!!Gracias!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos