Ver todos los artículos
28 Mar 2020 | Noticias

Empresas solidarias con DomusVi Ferrol

Temos que agradecer a enerxía positiva, o apoio e a gratitude que a xente nos fai chegar, moitas veces convertida en apoio material para sobrelevar esta crise.

As nosas amigas de NICANORA CONFECCIONES tiverono claro dende o inicio da pandemia, a emerxencia sanitaria era tal, e conseguir mascarillas tan dificil, que empezaron a coser para ofrecer a todos aqueles que necesitaran cubrirse: sen pedilo, acordáronse de nós, e por eso agradecémosllo infinitamente!

A nosa compañeira María, avisounos de que unha empresa de Vigo, MEKDES, tamén tivo a iniciativa de xerar materiais para intentar diminuir a propagación do virus. Puxémonos en contacto con eles e en 24h llegáronnos mascarillas. Moitas gracias a Mekdes por implicarse na loita.

Tamén tivemos a chamada de COVID MAKERS FERROLTERRA, un grupo de voluntarios que se uniron para poñer a disposición da sociedade civil os seus coñecementos e recursos para producir material sanitario de forma altruista e que están facendo pantallas para o contacto directo con persoas contaxiadas ou en dúbida; por agora, estamos ben, pero estámonos preparando, por si acaso.

PILAR, unha costureira de Neda, mobilizou a amigas para coser sen parar, e entregaranos mascarillas cada semana ata que isto remate.

A todas e todos, por pensar en nós, mil millóns de gracias!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos