Ver todos los artículos
15 Abr 2020 | Noticias

A FUNDACIÓN MAPFRE colabora donando mascarillas a DomusVi Ferrol

Dende que se iniciou a pandemia do COVID-19, a fundación MAPFRE colabora para axudar aos colectivos máis perxudicados por esta crise e reducir o impacto dentro do posible.

Os seus esforzos concéntranse en tres liñas básicas de actuación:

-Apoio ao equipo de investigadores do CSIC: Apoian os distintos proxectos que están en marcha para entender o comportamento do virus e acelerar o desenvolvemento dunha vacina.
-Adquisición de material sanitario: Para loitar contra a pandemia e protexer ao persoal sanitario, aos coidadores de maiores e a todas aquelas persoas que traballan con colectivos de risco.
-Accións asistenciais urxentes: Os colectivos de risco, como os maiores, os profesionais sanitarios e as persoas en situación máis precaria, necesitan que se atendan as súas necesidades económicas, psicolóxicas e de protección.

Onte chegounos un paquete dende a FUNDACIÓN MAPFRE con mascarillas quirúrxicas e FFP2.

Agradecemos a MAPFRE que nos achegara un material tan valioso e tan preciado nestes momentos.

Gracias pola vosa labor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos