Sabedes que estes días levamos un sustiño, con ese aparentemente positivo, que nos deu un par de días de preocupacións. Positivo, negativo, positivo, negativo…NEGATIVOOO! Foi un falso positivo que nos puxo os pés na terra, e nos amosou como reacccionaríamos ante un posible caso de COVID-19.
Somos conscientes de que en algún momento isto pode pasar, por iso seguimos tomando todas as precaucións do universo; e como o facemos? pois moito é gracias ás colaboracións dos amigos e amigas que nos mandan pantallas, mascarillas,…como no caso de ZARA, que por intermediación da Xunta, nos enviou as súas superbatas, de moi bo xénero, por certo, e que nos sirven para protexernos.
Gracias aos que formades parte de ZARA, ás costureiras sobretodo, que probablemente estén traballando intensamente para que todas nós poidamos estar portexidas.
MIL MILLÓNS DE GRACIAS!