Durante estes días de confinamento percibimos que nos medios de comuncación, prensa, radio, televisión, redes sociais,etc e sobretodo nos discursos políticos, a opinión dos maiores quedaba nun segundo plano, algo que soe pasar habitualmente, xa que os «expertos» son os que falan por boca deles, falando das súas doenzas, dos seus sentimentos, incluso dos seus dereitos ante esta pandemia.
Nas últimas horas saíron en prensa noticias en referencia aos centros de maiores e ás visitas, sin ningunha notificación previa nin aos centros nin a quenes viven neles, algo que nos confirma a falta de consideración por parte dos gobernantes cara as persoas afectadas.
Entendemos que as súas vivencias, o afrontamento desta situación, a maneira de vivila e a opinión sobre esto é algo que non se lles pode arrebatar. A súa opinión ten que ser oída, e dende DomusVi Ferrol, tentamos que algunhas desas voces saian máis alá de estas paredes.