Comezamos o mes de Xuño estreando estancias!!!!!
En Domus Vi Viveiro deseñamos unha nova organización do centro, creando, así, seis unidades diferenciadas e ubicadas en diferentes lugares. Cada estancia conta con unha zona de comedor e unha zona ou sala de estar.
Estas son unidades de grupos reducidos nos que, por tanto, a atención directa é máis individualizada e humanizada.
Estamos a traballar na organización de actividades de animación e fisioterapia en cada unha destas unidades das que pronto vos informaremos.
Creemos que nos quedaron moi bonitas, e esa é, tamén, a sensación dos nosos residentes que se amosan moi contentos de compartir estancia, experiencias, conversas, risas, actividades,etc; entrando, así, na rutina activa e dinámica á que estaban acostumados antes de esta pandemia.
Aquí vos deixamos algunha foto para que poidades comprobar cos vosos propios ollos a nova distribución, xa que, seguindo medidas de prevención, as visitas terán que ser na zona habilitada para elas respetando medidas de hixiene e seguridade.
Un saúdo e moi boa semana.