Esta mañá concentrámonos á porta do centro gardando un minuto de silencio, do mesmo xeito que a inmensa maioría do persoal de residencias de toda España. Somos traballadoras e traballadores que coidamos persoas maiores e/ou con dependencia, persoas vulnerables que, día tras día, fóronse convertendo na nosa segunda familia. Velamos por eles, polo seu benestar físico e emocional, querémoslles e deixámonos a pel porque estean o mellor atendidos posible, máis aínda durante esta horrible pandemia que estamos a vivir e que supón un plus de esforzo e esgotamento das persoas. As imaxes recentemente difundidas en televisión e sacadas de contexto están a ser unha constante nestes últimos anos e supoñen unha nefasta imterpretación que nada ten que ver co que somos e os valores que compartimos. Esta constante mediática sumada ao contexto da pandemia fai moito dano aos traballadores do sector sociosanitario deste país. Os medios e a sociedade en xeral, desde o descoñecemento, están a poñer en cuestión a nosa profesionalidade, a nosa vocación, o noso bo facer e a nosa humanidade. Isto non é xusto. Por iso entendemos que é momento de lexitimar o noso traballo e esixir respecto a toda a sociedade, defendendo o labor tan importante e necesaria que leva a cabo nas residencias. Poden ver a nosa reivindicación en redes mediante o hastag # somossociosanitarios , en Domus Vi, Viveiro non chegamos a tempo coa cámara para plasmar a instantánea, sen embargo, fai uns meses, o mellor homenaxe que puidemos recibir veu dos nosos residentes. No seguinte enlace veredes un fermoso vídeo:
Seguimos adiante, mantendo este compromiso informativo que levamos realizando desde marzo mentres dure a actual pandemia, agradecendo a súa atención, o seu interese e, por suposto, a súa confianza.