Ver todos los artículos
22 Sep 2020 | Agenda de ocio

TECENDO RECORDOS.

*RECORDO*

Imaxe ou conxunto de imaxes, de feitos ou situacións pasadas que quedan na mente.

Seguindo a programación de actividades na semana do Alzheimer, hoxe, amosámosvos unha actividade moi fermosa.

En Domus Vi, Viveiro, pedímoslle aos nosos residentes que nos contaran algún recordo bonito.

Para moit@s, volver a tempos pasados sería un desexo a pedir se pasara unha estrela fugaz, algo que, co paso do tempo, nos vai acontecendo a tod@s.

Como di a canción de Karina, Buscando en el baúl de los recuedos:  “cualquier tiempo pasado nos parece mejor!”.

Moit@s residente coinciden ao aconsellarnos:  non inverter o tempo en crear conflitos, enfados, mal estar, preocupacións innecesarias… pois non serve de nada; refiren que rir, desfrutar dos pequenos momentos, dos seres queridos sen necesidade de ter moitas cousas materiais,  bailar mentres que o corpo o permita…todo isto creará os nosos recordos fermosos do futuro. Un café con amig@s, un paseo cos nosos pais, fill@s, avós e avoas, xuntarse o día da festa, o día do noso casamento,comunión ou calquera outra celebración,  ver por primeira vez aos nos@s fillos, net@s, o primeiro traballo, o primeiro bico….e mil momentos máis;

Nos quixemos tecer un ceo de recordos e sumarnos, así, á campaña de FAGAL: Tecendo recordos.

Lembrar é doado para quen ten memoria, esquecer é complexo para quen ten corazón”

(Gabriel García Márquez).

Ver todos los artículos