Coa chegada da castaña, en DomusVi Cangas, estamos desexando festexar como cada ano O Magosto.
Así é que o vindeiro 29 de Outubro temos a seguinte proposta:
Comenzaremos degustando un menú ben furancheiro;
Patacas fritas con ovos mais chourizo acompañado dunha riquísima sangria.
Pola tarde a partir das 16:30 non faltaran castañas asadas e biscoito mais leite. A continuación compartiremos todos xuntos unha tarde de recordos de antaño e música tradicional.