Ver todos los artículos
20 Ene 2021 | Agenda de ocio

TODO UN ANO POR DIANTE.

Fai 20 días comezou un novo ano; saíamos do 2020 con ganas para coller con ilusión o 2021. Ben é sabido que non empezou da mellor maneira, os casos por COVID-19 en Galicia e demais comunidades acada o seu pico máis alto e parece que retrocedemos a ese fatídico mes de Marzo.

Si ben, xa coa primeira dose da vacina posta agardamos con ansia a que chega esa segunda dose e dar un pasiño máis cara a nosa liberdade.

Os meses van pasando e pesando, meses encerradxs, sen ver aos nosos seres queridxs, sen saír a tomar un café, a rúa, a ver algo máis que non sexa o xardín do centro ( e bendito xardín). Pero gustanos ser optimistas e pensar que temos moito tempo por diante para remontar, para coller forzas e o ano con ganas.

Estes calendarios axudarannos a afrontar o anos da mellor maneira, que é en equipo. Esta ilustración que nos fixeron chegar en pleno estado de alarma cando saiamos das nosas casas para vir a traballar, con medo e incertidume, deunos, xunto a outros detalles como cartas, fotos, debuxos, etc, ánimos para seguir e saber que dende fora e dende as vosas casas estabades con nós. Non podía ser outra a imaxe do noso calendario.

Ademais, o 1 de Febreiro cumplimos 10 anos dende a apertura deste centro, 10 anos de experiencias e vivencias; dende logo, nunca nos imaxinamos vivir unha pandemia mundial, máis aquí estamos.  Celebraremos ese día da mellor maneira, con comida especial e a proxección dun video que nos fará viaxar no tempo.  A temática deste ano será a era dixital; a través da tecnoloxía puidemos ter unha fiestra ao exterior, grazas a ela puidemos manternos en contacto nestes meses, con  videochamadas, vídeos en youtube, blogg, wathsapp, etc…por iso, estarán moi presentes neste aniversario.

 

Boa semana!

Ver todos los artículos