Dentro da programación anual de actividades aquelas de tipo ordinario son as máis importantes para o día a día. Con estas actividades favorécese a participación e convivencia da persoa no centro e na súa contorna, mantense unha rutina activa. Entre este tipo de actividades presentamosvos as actividades relacionadas coa psicomotricidade, talleres dinámicos onde @s residentes poden desenvolver actividades e exercicios que fomenten a actividade neuronal.
As actividades desenvolvidas neste tipo de taller conseguen un envellecemento activo mediante a estimulación cognitiva e melloran a psico- motricidad. A elaboración de traballos manuais require exercitar as mans, polo que a nivel físico as persoas maiores melloran a mobilidade das súas mans e a elasticidade. Ademais, estas actividades fomentan a socialización entre as maiores e reforzan a auto-estima.
Aquí vos deixamos unha mostra: