Ver todos los artículos
21 Feb 2021 | Agenda de ocio

PHOTOCALL DE CARNAVAL.

As redes sociais son plataformas dixitais formadas por comunidades de individuos con intereses, actividades ou relacións comúns (como amizade, relación, traballo).

Permiten o contacto entre persoas e funcionan como un medio para comunicarse e intercambiar información. Durante a pandemia, este recursos mantivonos unidxs ao mundo exterior e en contacto con familias, amosando o día a día e as actividades especiais. 

O Martes de entroido o noso disfraz foi, precisamente este, as redes sociais: tik tok, whatsApp, Youtube, Facebook, Twitter, Instagram… aquí vos deixamos algunha imaxe do noso photocoll particular por unidades. Para xs nosos residentes este idioma resulta un tanto complexo, de outro planeta, explicar que é un @, hashtag, post, like… sen embargo, pouco a pouco todo isto vai cobrando sentido, aínda que sexa para pasar uns momentos de risas. O importante é que grazas a estes «inventos» podemos estar en contacto cos seres queridxs e que poden ver os nosos vídeos como se sairamos na tv. 

Ata pronto entroido!!!

Ver todos los artículos