Isabel Zendal é natural, segundo os datos atopados, en Ordes en 1871. Naceu nunha familia tremendamente pobre e logo marchou a Coruña para traballar no servizo doméstico de Jerónimo Hijosa, un importante empresario da cidade.
En 1803 Isabel Zendal partiu na expedición que levou a vacina contra a varíola a América e que sería o punto de partida para a erradicación da enfermidade.
Ela foi a encargada de manter viva a cadea de vacinación entre os 22 criados que a levaron para que non morreran no camiño.
A OMS nomeouna como a primeira enfermeira nunha misión internacional. Loitadora, excepcional e esquecida: esta é a historia de Isabel Zendal, a enfermeira da que tod@s falan.
Ela foi un dos protagonistas da expedición que en 1803 conseguiu levar a vacina da varíola a América e iniciar así o proceso de erradicación da enfermidade no mundo.
Non obstante, o seu nome caeu no caixón do esquecemento, como tantas outras mulleres da historia, porque os honores foron levados por un home.
LECTURA.- VERO VÁZQUEZ. FIGURANTE: LOLA.