Ver todos los artículos
24 Mar 2021 | Actividades Lúdicas

IRENE GONZÁLEZ. FUTBOLISTA.

Rematamos a serie de Pioneiras con Irene González.

Irene nacía na cidade da Coruña un 26 de marzo de 1909 no seo dunha modesta familia. Encantáballe o fútbol, así que decidiu que sería futbolista. A pesar da oposición do seu pai, que a sacou a rastro de máis dun partido, parece ser que comezou a xogar con 15 anos nun equipo da cidade herculina de nome FC Barcelona, e despois no Racing Orillamar.

Irene comezou xogando de dianteiro centro, pero aos poucos foi atrasando a súa posición ata o debido a que a fixo famosa: o de gardameta. Nesta posición foi onde fixo historia, chegando a competir polo posto cun referente como Rodrigo García Vizoso, que anos despois sería porteiro do Deportivo da Coruña e do Real Madrid.

No 1924 decide fundar o seu propio equipo, o Irene F. C. Non só ía seguir xogando ao fútbol, senón que creaba un equipo para xogar, dirixilo e lideralo, ademais de federarlo na Federación Española de Fútbol.

O Irene F. C. disputa encontros en toda Galicia, enche campos e atrae a miles de persoas. O seu equipo era chamado nas festas dos pobos coa única condición de que ela xogase, así que Irene aproveita o tirón e cobra polos partidos que disputa. Os beneficios repartíanse despois entre todo o persoal. Aínda que naquela época a fronteira entre profesionais e amateurs non estaba ben definida, debido a que cobraba por xogar, é polo que se lle considera a primeira futbolista profesional da historia do fútbol.

 

LECTURA: ISABEL  FIGURANTE: MERCEDES.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ver todos los artículos