O Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo de cada ano e foi creado por Instituto Internacional do Teatro no ano 1961.
Cómo favorece o teatro ás persoas maiores?
O teatro proporciona un espazo para que desenvolvan a súa creatividade. A través do teatro, os nosos maiores xeran identificación propia e crean múltiples emocións. Isto permítelles controlar os seus impulsos e á súa vez funciona como un tratamento que beneficia a articulación da expresión verbal e física, mellorando así a súa memoria e autoestima. O teatro convértese así nunha terapia que trae unha diversidade de beneficios na terceira idade, entre os cales destacan: Cambio de actitude, sempre aberta e asertiva. Aumento dos vínculos sociais. Ensaio de problemáticas cotiás ás que sempre se lles atopa solución. Aumento da atención e a concentración para lograr obxectivos. Cambio no esquema corporal obtendo maior axilidade e tonicidad muscular. Fomenta a capacidade expresiva. Xera auto-confianza e seguridade promovendo a autonomía. Controla a ansiedade. Mellora condutas e funcionamentos emocionais, cognitivos, físico-motores. Complementa e fortalece o tratamento integral dos adultos maiores, mellorando a súa calidade de vida e aumenta a atención e memoria.
E en Domus Vi Viveiro, temos moita experiencia nesta arte, por elom queremos tirar de recordos e compartir con vos algunhas das nosas interpretacións teatrais ao longo destes 10 anos, desexando, tamén, crear novos proxectos.
OBRAS:
«Os vellos non deben namorarse». (2013 e 2014)
«A laranxa máis laranxa de todas as laranxas». (2017)
» A pantasma que non asustaba» e «Alicia no país das marabillas» xunto ao alumnado do colexio landro no proxecto, Voluntariado miúdo. (2019),
«O Maio» (cada ano coa chegada do mes de Maio),
«O Apalpador. Contacontos con títeres» (2019),
«Belén Vivinte» (cada ano no Nadal).
Tamén tibemos actuacións, como o grupo de teatro «Eu Son», do grupo de teatro do CEIP Vista Alegre de Burela, do grupo humorístico «Trípode» así como visitas ao teatro Pastor Díaz nas festas do San Roque.
Viva o teatro!!!!!